Comunicado á prensa
Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos.
Vigo, a 7 de agosto de 2009
A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (F.O.A.N.P.AS),
como representantes de 65 centros
federados do ensino público con un número aproximado de 9.000 familias de
alumnos matriculados nos centros de
infantil, primaria e secundaria da cidade de Vigo e comarca, somos conscentes da
obriga moral e intención urxente de
transmitir, mediar e ata esixir as inquedanzas, requerimentos e peticións para a
mellora destes centros e polo mesmo de
toda a educación pública, para acada-las solucións e palia-la actual falta de
inversión nos centros escolares nos que os
nosos fillos/as están matriculados, sobor de todo no referente o apartado das
instalacións, infraestructuras e servizos,
competencia das administracións implicadas.
Agardamos sempre (como representantes dos colectivos de nais/pais) un diálogo
cercano, interconectado e áxil entre as
administración e as ANPAS, nun sector importantísimo na procura dunha sociedade
formada en valores e que é moi
sensible a calquera cambio que sobre éste actúe, principalmente porque estamos a
tratares con nenos/as.
Longa é a traxectoria da Federación na representación dos centros públicos de
Vigo e comarca para a salvagarda dos
intereses dos seus asociados e na consecución de logros coma o dos comedores
escolares, asistencia educación
domiciliaria, ou mesmo na gratuidade de libros de texto, e polo mesmo, na
defensa e mellora dun ensino público digno,
plural, universal e gratuito. Porén a pesares dos logros conqueridos e do
traballo das ANPAS, e do inxente traballo por
facer, nos derradeiros tempos estamos a ser testemuñas da intención no
desprestixio e ata o desmantelamento do ensino
público. Dende a FOANPAS queremos facer constar o noso desencantamento coas
medidas que ata o de agora están a
tomar as administracións implicadas no desenrrolo do sector da educación, e máis
concretamente na ensinanza infantil,
primaria e secundaria, anque de por sí, coma nais/pais inmersos na sociedade
tamén nos posicionamos noutros ámbitos
non exclusivamente educativos, senón sociais, xa que coma antes indicamos, a
educación é un sector moi sensible a
calquera cambio, e as interconexións dos sectores sociais son inevitables.
Neste senso, só nos derradeiros días do presente curso e ante a inxente carga de
novas de grandísimo calado na
educación dos nenos/as, e polas “gañas de traballar” dunha administración fora
do seu tempo de conexión coas familias
(principais afectados de tódalas normas aprobadas), coas que con e sen interese
de compartir con eles estas
modificacións, segundo conveniencias…a Federación pasou a contactar coas ANPAS
asociadas para tratares de valorar o
ESTADO REAL e AMBENTE REAL da actualidade e afectación destas normas nos
centros, ”antes do remate do
curso”, co que se elaborou unha enquisa sobor dos tres temas de maior proxección
mediática e de calado no ámbito
educativo dende comenzo do curso escolar, para elaborar un informe particular e
xeral dos centros, facéndoo público
para o seu coñecemento e estudo.
Os temas a tatar coas ANPAS foron de xeito xeral : o idioma GALEGO no ensino, a
gratuidade ou subvención de
LIBROS DE TEXTO e o REAGRUPAMENTO DE ALUMNOS por ciclos.
Cada bloque consta de tres preguntas nas que con cada unha delas tentamos
rebatir as informacións e novas de prensa
nas que as administracións “parece falar con todo rigor e que teñen
interconexión con tódalas familias”, sentenciando
que o dito por eles e o que realmente está ocurrindo, aproveitando a súa
facilidade de convocar á prensa e a falla de
convocatoria do resto dos colectivos afectados (neste caso as familias) e
empregando as veces de maneira sectaria,
aleatoria e liberal ós colectivos dos “afectados” e as súas preferencias polo
ensino público ou concertado-privado e os
seus representantes educativos e sindicais..
1. GALEGO
O noso apoio o ensino en galego e manifestamente a favor incluso dende os
propios estatutos da FOANPAS.
Facer constar que estas preguntas as ANPAS non se trata dunha contraenquisa da
que xa se realizou nos centros de
ensino pola Consellería, senon máis ben, se quixo ter unha avaliación que
demostrase a posta en dúbida da necesidade do
debate sobor da língoa nos centros, segundo o posicionamento defendido por un
determinado grupo parlamentar e pola
que agora é a administración actual con respecto a tódalas novas aparecidas nos
medios sobor do suposto malestar
lingüístico nos centros educativos, e deste xeito dar valoracións VÁLIDAS E
CONTRASTADAS de primeira mán polas
persoas de maior implicación no ámbito dos centros coma son as ANPAS e non
determinadas “asociacións sociais” que
nada teñen que ver coa educación (a non ser por algún interés oculto ou
pretensión particular, sen dar demostracións
palpables de que falan polo ben común), e das que no ámbito dos centros
educativos non deixarían de ser “corrillos de
patio”, xa que non son entes adscritos ó ensino nin a educación .A súa idea e a
dos seus apoios, é facer chegar á opinión
pública a obviedade de que o noso pobo é bilingüe, cando o único que defenden
non é o bilingüismo senon o
“monolingüismo á carta”. Reclaman dereitos, pero esquecense dos deberes que en
toda sociedade democrática existen
para todos os cidadáns. Todas as persoas poderán expresarse na língoa que
desexen, ese é O DEREITO, pero deberán
coñecer e estudar ambas língoas en igoaldade de condicións xa que ambas son
oficiais, ese é O DEBER.
Por suposto non permitiremos a deslixitimación desta enquisa, xa que sería un
desprezo e falla de respecto ó traballo da
Federación e tódalas familias ás que representan, e de ocorrer, en maior grao
deslixitimaría a feita pola administración, xa
que foi feita sen os máis mínimos garantes de homologación de seguridade,
democrática e centífica. Calquera que sexan
os resultados só serán a proba manifesta da falla de valentía dunha
administración que preferíu enfrentar os pais para que
algúns fosen “culpables” a ollos dos outros, cando o traballo de lexislar e
gobernar, por impopulares que fosen as normas
é traballo da administración elexida no 1 de Marzo.
Co motivo da masiva mediatización por parte de un grupo parlamentar, e outras
asociacións afíns, con respecto ós
asuntos lingüísticos nas portas das eleccións ó parlamento, quixemos saber se en
algún caso tódalas novas sobor das
“supostas imposicións” ou negacións de dereitos os nenos/as, realmente existían
nos centros, se apareceron unha vez
mediatizado o asunto ou unha vez pasadas as eleccións co anuncio da enquisa
sobor da língoa. O resultado e concluinte.
Enquisa ás ANPAS:
1.1.A. NOS MESES ANTES DAS RECENTES ELECCIÓNS Ó PARLAMENTO GALEGO, ¿CÓMO
DEFINIRÍAS O
AMBENTE DO CENTRO CON RESPETO Á CONVIVENCIA DAS DÚAS LÍNGOAS?
A. MOI BOA 36% B. NORMAL 60% C. TENSA 2,5%
1.1.B. E DESPOIS DAS ELECCIÓNS...¿CÓMO DEFINIRÍAS......?
A. MENOS TENSA 0% B. IGOAL 63% C. MÁIS TENSA 36%
1.2. ¿CÓMO VALORARÍAS A INFORMACIÓN OBTIDA SOBRE AS DÚBIDAS DOS PAIS CON RESPETO
Á ENQUISA?
A. INEXISTENTE 50% B. ESCASA 42% C. SUFICIENTE 8%
1.3. ¿EXISTIU MALESTAR NAS FAMILIAS E RESTO DA COMUNIDADE EDUCATIVA CO ANUNCIO
DA ENQUISA
SOBOR DA LÍNGOA, POLO MOMENTO ESCOLLIDO PARA FACELA, REPERCUSIÓNS DA MESMA,
ETC.?
A. SI 71% B. NON 29%
Conclusións:
O fin primixenio da educación é a transformación dos nenos/as en persoas con
valores, con criterios cívicos e críticos,
nunha palabra, nunha persoa CULTA, polo que poderíamos decir que a educación é o
primeiro paso da sociedade para
ter CULTURA. Basta dicires, ante ás aseveracións sobor do emprego do galego no
ensino, que a quen a coñece o fai
maior preparado e con maior cultura, e neste caso A CULTURA PROPIA…a persoa
culta, e xenerosa nunca nega as
culturas, senon que acepta a diversidade e aprende delas... e iso é o que
queremos que aprendan os noso fillos.
A nivel social, téntase transmitir que agora ou somos demasiado galegos ou con
demasiada autonomía, e alguen se viu
coa potestade de propor que cantidade é a máxima de sentirse galegos ou non,
baixo un porcentaxe aletorio ou
inexistente para poder manexar o seu discurso entre galeguistas ou non, quen é
galego de máis ou español de menos…os
únicos, a día de hoxe que empregan límites para seren máis ou menos galegos e a
actual administración e entes afíns, que
intentan marcar un límite para medir ate onde seguimos sendo galegos e españois,
cando nunca deixaríamos de selo,
aínda que só faláramos galego, pero sin a perda da identidade propia...
Cronoloxía destacados de prensa:
Escolma de novas nas que se evidencian as accións e/ou contradiccións dentro do
temaComunicado á prensa

tema
“...propoñemos unha proporcionalidade entre as dúas língoas do 50% cada unha, en
canto as horas de docencia,... de xeito que os escolares non sexan
obrigados a estudar máis galego que castelán nin más castelan que galego” ...
Alberto Núñez Feijoo _Presidente del PPdeG _La Voz de galicia _ 07/09/2007
“Habrá que preguntar al bipartito qué hicieron estos tres años y medio para
crear un conflicto que no existía”…existe un conflicto lingüístico…”
Alfonso Rueda_Secretario Xeral do PPdeG, _La Voz de Galicia _14/02/2009
“Los alumnos serán los mismos, no se van a duplicar. No se trata de separar una
clase actual en dos, sino de organizarlas de otro modo” ...”organizar las
aulas por la lengua elegida y no por los apellidos”...
Gloria Lago_ Presidenta de Galícia Bilingüe _ Faro de Vigo _19/04/2009
“En los centros no hay ningún tipo de problema con el idioma y yo creo que se
debería inducir a los alumnos a hablar en gallego”.
Xosé Francisco Reboiras _ Secretario dos Colegios Católicos _ Faro de Vigo
_30/04/2009
“Los docentes ya no tendrán que acreditar su capacidad ni su proyecto en
gallego”. El Correo Gallego _06/05/2009
“...introducir cuestiones políticas en el aula perjudica tanto a estudiantes
como a profesores, por lo que reclamó al conselleiro que no cree un problema
lingüístico
en Galicia.” Isidro Moedo _ Secretario de sindicato ensino concertado USO _ La
Voz de Galicia _ 03/06/2009
“La xunta reduce el uso del gallego en el aula en el nuevo decreto de infantil.
El texto no insta a utilizarlo en igualdad con el español en zonas
castellanoparlantes”. La Voz de Galicia _05/06/2009
Educación prohibe informar sobre a enquisa do galego. “Aproveito para
lembrarlles que a Dirección do centro é a responsable do normal desenvolvemento
do
proceso de realización da consulta e en consecuencia deberá prohibir tódalas
accións ou actos, tanto a favor coma en contra do mesmo,...”
Xesús Vázquez _Conselleiro de Educación _A Nosa Terra _11/06/2009
...criticou o sistema da enquisa, porque “as familias numerosas poderán cubrila
tres ou catro veces, e o que teña un só unha vez”...”deixen en paz á
Comunidade educativa cunha guerra que nunca existiu”... “cuestionase o rigor
científico da enquisa”
Virxilio Gantes _Presidente CONFAPA _A Nosa Terra _11/06/2009
“La Confederación de APA de centros públicos de Galicia (CONFAPA), reiteran su
rechazo a la encuesta sobre el idioma”.
El Correo Gallego _12/06/2009
“ La consulta sobre el idioma es una decisión política, no educativa, que
cuestiona nuestro trabajo”
Alfonso Guitián _Presidente de Directores de centros públicos de Vigo _Faro de
Vigo _13/06/2009
“El bilingüismo en la administración (gallega) no cubre las exigencias del
Consejo de Europa”. El Pais _30/06/2009
“ Os alumnos de fora son os que mellor asumen o galego”... “... Os estudantes
ven o noso idioma con naturalidade”.
Iván Area _Vicerrector de Relaccións Institucionais da Universidade de Vigo _O
Xornal _04/07/2009
“Los padres no pueden determinar el 100% del decreto del gallego”
Xesús Vázquez _Conselleiro de Educación _A Nosa Terra Diario _05/07/2009
“Vazquez Abad considera que el gallego nunca supuso un conflicto língüístic
o...”
Xesús Vázquez _Conselleiro de Educación _Atlántico Diario_10/07/2009
“ En Galicia non existe conflicto lingüístico”. Carlos Varela _Fiscal Xefe do
TXSG _A Nosa Terra _11/07/2009
“A igrexa galega ten unha débeda e un pecado histórico con respecto ó noso pobo:
esquecer a nosa língoa e a nosa cultura”. Manifesto polo galego. Foro de
Curas Galegos _A Nosa Terra _13/07/2009
“Agustín Bahamonde(deputado PPdeG) e Rafael Cuiña(deputadoPPdeG) louban as
palabras do lugués (Xosé Manuel Barreiro, Vicepresidente do PPdeG)
en defensa da língoa”. A política lingüística de Núñez Feijoo está a crear
malestar no sector máis galeguista do PPdeG e decláranno.”
O Xornal de Galicia _14/07/2009
“Galicia Bilingüe anima a elegir el idioma de los libros, pero Educación no lo
apoya” El Correo Gallego _12/06/2009
“Os resultados da consulta do uso das língoas no ensino reafirman o carácter
bilingüe da sociedade galega”
Anxo Lorenzo _Secretario Xeral de Política Lingüística _ Portal Educativo da
Xunta de Galicia _31/07/2009
2. LIBROS
Ante as “gañas de traballar” da administración fora do seu tempo de conexión e
reacción por parte das familias
(principais afectados da decisión), o día 26 de xuño, xa rematadas as clases nos
centros, faise público dentro dunhas
grandes contradiccións polas novas enviadas ós medios nas datas anteriores
(vexase cronoloxía destacados de prensa), a
anulación da gratuidade universal dos libros de texto para o ensino, e a idea da
implantación dun sistema de subvención,
cun eufemismo rebuscado, “gratuidade solidaria”, agochando o verdadero
significado da palabra subvención-compra ante a
opinión pública e a súa intención de cumplir cunha máxima de falsa “austeridade”
imposta. Sobran os cálculos xa feitos
polas agrupacións e asociacións e feitas públicas para demostraren que a
“austeridade” fora unha disculpa non meditada,
xa cando a diferencia entre o sistema de gratuidade universal e o de subvención
nos catro anos de legislatura sería duns
tres millóns de euros (agora moito menos xa que as contas foron feitas antes do
aumento das axudas no baremaxe), o que
representa menos dun 0,1% da financiación da Consellería de Educación. Moio
doado de correxir, se existe intención.
Ó non existir explicacións nin estudos máis convincentes que as anteriores, só
cabe pensar que agocha unha intención
que pareceu moi clara, no intre na que somentes as asociacións NON EDUCATIVAS de
libreiros e editores apoiaron e
celebraron a medida, coma se fosen os únicos que tivesen os seus nenos e nenas
matriculados nos centros de Galicia. É
unha declaración de intencións estratéxicas mercantilistas e non unha medida
educativa meditada e polo ben común das
familias, feita con tódolos cartos dos galegos. Por ende, esixímo-la gratuidade
universal dos libros de texto.
Non é admisible ademáis a frivolización do que nalgún intre dende algún “bando”
tentou de afectar a opinión pública
facendo extensible o eslogan ...“¡que paguen os ricos!”... toda vez que tódolos
cidadáns (“ricos e probes”) son fiscalizados na
renda anual, as diferencias son saldadas no intre en que cada un paga polo que
gaña e polo que posue. No ámbito da
educación obrigatoria non deben existir diferenzas como tampouco existen mentes
de ricos e de probes, senon só
diferentes opcións de centros. Dende o intre que se faga pagar segundo un baremo
ás familias que superen algunha
cantidade, sexa a que sexa, simplemente se lles estará marxinando por ser tal
vez “¿rico para pagar os libros pero probe
para estudar na escola pública?”. Con calquera baremaxe, e co actual proposto,
compárase de xeito capcioso as rendas
“mileuristas”(moitos con dificultades manifestas para a compra dos libros) coas
“millonaristas” (sen problemas), sen falar
ademáis da abusiva imposición no adianto dos cartos para merca-los libros, que
fai moito máis visible as diferenzas.
Resultado da enquisa realizado ás ANPAS federadas:
2.1. ¿EXISTIU INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS SOBOR DOS LIBROS PRECISOS PARA O PRÓXIMO
CURSO ANTES DE
REMATADOS OS DÍAS DE CLASE (DÍA 22)?
A. SI 16% B. NON 84%
2.2. ¿CONSIDERADES UNHA MEDIDA PROGRAMADA E PREMEDITADA DA ACTUAL ADMINISTRACIÓN
O DÍA
DO ANUNCIO OFICIAL, SOBOR DA ANULACIÓN DA GRATUIDADE DOS LIBROS DE TEXTO, XA
REMATADAS AS CLASES (DÍA26)?
A. SI 86% B. NON 14%
2.3. ¿CONSIDERADES UNHA MEDIDA NECESARIA E EQUITATIVA A MEDIDA ADPOTADA POLA
XUNTA SOBOR
DA ANULACIÓN DA GRATUIDADE DE LIBROS DE TEXTO?
A. SI 8%* B. NON 92%
Conclusións:
Despois do inxente traballo adicado por esta Federación coma por outros entes do
ámbito do ensino, coas xuntanzas e
foros abertos entre a administración* hai sete anos; colectivos de Pais,
asociación de libreiros, editores, escritores, etc.,
por mor de conquerir facer verdadeira o punto constitucional que fai referencia
a gratuidade universal da ensino público
obligatorio, téntase votar por terra este traballo por supostos motivos
estratéxico-mercantilistas fora do ámbito na
mellora do ensino e esquecendo os dereitos dos nenos/as.
Dado o carácter educativo engadido da medida da gratuidade universal para poñer
en práctica os 3 R (reducir, reutilizar,
reciclar), ante a actual proposta da administración sacamos en conclusión que
agora os 3 R só valerían se falasemos de
piruletas (mercas unha menos- reduces, compártela cun amigo- reutilizas, e se
gardas o pao para manualidades- reciclas), pero
xa non vale se falamos de libros... ¿cantos camións de libros se tirarán cada
ano o lixo por este sistema?.. unha vez
conseguido un dereito constitucional...¿porqué non mante-la gratuidade universal
para o ensino obrigatorio?...
*(Manuel Fraga, Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo,
Vicepresidente da Xunta , Celso Currás, Conselleiro de Educación)

“…preguntouselle se a gratuidade podería ser un dos temas a reformularse. Aínda
sen entrar en detalle, Xesús Vázquez indicou que de entrada non se están
manexando ningunha medida de recorte...”
Xesús Vázquez _Conselleiro de Educación _La Voz de galicia _ 19/05/2009…primeira
nova sobre o tema, 33 días para fin das clases
“En lo relativo a la gratuidad de los libros de texto para el curso que viene,
Vázquez aseguró que está
garantizada y que el departamento de la Xunta intentará además dentro de sus
posibilidades ayudar
aún más a las familias que más lo necesiten y que están pasando por una
situación terrible.”
Xesús Vázquez _Conselleiro de Educación _Atlántico Diario _ 03/06/2009… segunda
nova sobre o tema, 18 días para fin das clases
“Feijóo garantiza los libros de texto gratis sólo para rentas medias y bajas”...
Alberto Núñez Feijoo _Presidente da Xunta_Diario de Pontevedra_
18/06/2009...terceira nova non oficial, 4 días para fin das clases
“O proceso de gartuidade dos libros de texto está paralizado. Directores de
centros, libreiros e editores esgotan os prazos para pedir os manuais sen
recibir
instruccións da Consellería”. O Xornal de Galicia _20/06/2009... 2 días para fin
das clases
“Séguese estudando, o que non significa que se vaia a suprimir”. Consellería de
Educación _ O Xornal _20/06/2009... 2 días para fin das clases
“sería unha chapuza modificar o sistema con tan pouco tempo e que os máis
afectados son as familias ... terán que solventar o tema no verán...e é un
follón”.
Antonio Fdez. Maira _Coordinador Federación Libreiros Galicia_ O Xornal
_20/06/2007... 2 días para fin das clases
“...afirma que o conselleiro, Xesús Vázquez, lles ratificou que non eliminaría a
gratuidade, e que facelo sería unha barbaridade”.
Virxilio Gantes _Presidente CONFAPA _ O Xornal _20/06/2007... 2 días para fin
das clases
“O PP rexeita a gratuidade universal dos libros de texto por “populista”e
antisocial”. O Xornal de Galicia _23/06/2009... 1 día tras fin das clases
“Educación sigue sin aclarar el modelo de gartuidad de los libros de texto para
el próximo curso” La Voz de Galicia _24/06/2009.2 días tras fin curso
“El departamento que dirige Jesús Vázquez denomina a este nuevo modelo
”gratuidad solidaria” y lo contrapone al “café para todos”....”
Xesús Vázquez _Conselleiro de Educación _El Correo Gallego _ 26/06/2009… 4 días
tras fin das clases
“La Xunta sustituye la gratuidad de los libros por ayudas”. Faro de Vigo
_26/06/2009… 4 días tras fin das clases
“Este sistema de “gratuidad solidaria”, devolverá, según la Consellería, la
estabilidad al sector editorial...” La Voz de Galicia _26/06/2009
“Los escolares deben tener los libros en propiedad para poder subrayarlos y
hacer una biblioteca en casa”
Alberto Núñez Feijoo _Presidente da Xunta_Diario de Pontevedra_ 27/06/2009
“El cambio decepciona a los padres, pero convence a libreros y editores. Las
principales organizaciones de APA de la escuela pública y concertada consideran
la reforma un paso a tras en los derechos de las familias. El sector del libro
ve cumplidas sus espectativas, aunque cree también escaso el límite de renta”
El Correo Gallego _ 27/06/2009
“El sistema que se pon en marcha é moito máis barato que o anterior...22 millóns
de euros máis barato que se destinarán a ... comedores e transporte”.
José Manuel Pinal _director Xeral de Centros da Consellería _la Voz de Galicia_
01/07/2009
“Educación admite que su ayuda para libros sólo reduce tres millones el gasto
del bipartito” El Pais _ 01/07/2009
“Un desfase presupuestario de tres millóns de euros impide mantener la gratuidad
de los libros de texto”.
Xesús Vázquez _Conselleiro de Educación _Diario de Pontevedra _ 05/07/2009
“ Galicia se sitúa a la cola de las ayudas para libros de texto”.. El Pais _
06/07/2009
“Cando teñamos máis recursos revisaremos a gratuidade dos libros”.

“ A xunta podería utilizar o aforro na gratuidade de libros para pagarlles
concertos a centros privados...”. “As partidas orzamentarias estaban xa
aprobadas, tamén para os libros de texto, se agora no se pagan para algún sitio
ten que ir”.. A Nosa Terra _ 06/07/2009
“Educación sube en 15euros las ayudas para los libros de texto a las familias
con rentas medias”....”...más fondos” Faro de Vigo _19/07/2009
“Librerías de Vigo esigen un depósito de 30 euros para reservar libros de
texto”” Faro de Vigo _22/07/2009
“Educación se compromete a abonar en diez días las ayudas a los lilbros de
texto” Faro de Vigo _31/07/2009
3. REAGRUPAMENTO DE ALUMNOS
A pesares de que a medida e un tema de estudo polos órganos técnicos do ensino,
queremos facer constar a aleatoria e
intencionada forma de actuar da actual administración, nas consultas escollidas
por razóns estratéxicas, e as consultas non
programadas por razóns descoñecidas, como é o tema do reagrupamento dos alumnos
ou os libros de texto. Se existe
unha razón para a consulta ás familias polo curriculo lingüístico no ensino (a
máis importante para o seu exclusivo estudo
polos órganos técnicos do ensino), máis clara sería a consulta sobor da
conveniencia da gratuidade de libros de texto ou
reagrupamento de alumnos, xa que de xeito moi directo reflicte sobor dos
nenos/as e familias (tal vez sexa por non
chegar a ningún acordo sobor destes temas con ningún organismo con
anterioriedade).
Non estamos de acordo coa idea de falsas suxerencia a ollos da opinión pública
da democratización do ensino pola
consulta contínua ás familias, cando non deixa de ser unha deslixitimación do
traballo especializado dos órganos técnicos
do ensino, ós que únicamente lles debería competer o seu estudo e
aplicación(mestres, inspectores, consellos,
administración, etc). Só o traballo na especialización é o que conleva ó maior
éxito na calidade no ensino, e non as
realizadas inda de boa fé polas nais/pais, que na inmensa maioría dos casos
poderían tomar decisións dende a
manipulación mediática ou iñorancia que poderían perxudicar de xeito preocupante
ós seus propios fillos e resto da
comunidade educativa. Ante este pensamento, só cabe dicir que a arbitrariedade
das consultas e a demostración palpable
da intencionalidade da actual administración.
A nosa negativa a toma de decisións sobor de temas especializados polos pais,
non nos impide a lexítima posibilidade da
opinión evaluando as eivas que esta medida do reagrupamento por ciclos que
cremos reflectirá nunha baixada da calidade
do ensino ó non ter en conta as particularidades dos centros (espazos,
repetidores, nenos educación especial, etc) nin na
reducción dos mestres adicados á atención do alumnado. Considerámola unha medida
excesivamente estricta, na que
subxace un carácter restrictivo e reductivo que afectará negativamente na
calidade do ensino.
Enquisa ás ANPAS:
3.1. ¿ESTÁ OU ESTARÁ AFECTADO O VOSO CENTRO POLA MEDIDA DO REAGRUPAMENTO DOS
ALUMNOS POR
CICLOS SEGUNDO O ALUMANADO MARCADO NA NORMA?
A. NON ESTABA PERO ESTARÁ 15% B. ESTABA E ESTARÁ 13% C. NON ESTABA NIN ESTARÁ
72%
3.2. ¿ESTÁN/ESTARÍAN AS FAMILIAS DE ACORDO CO REAGRUPAMENTO A PESARES DA MEDIDA
ADOPTADA
POLA ADMINISTRACIÓN
A. SI 0% B. NON 100%
3.3. ¿CONSIDERADES QUE OS NENOS/AS VERÍANSE DE ALGÚN XEITO AFECTADOS POLA MEDIDA
DO
REAGRUPAMENTO POR CICLOS? (DAR O VOSO PARECER ANQUE NON SE DEA NO VOSO CENTRO)
A. SI 100% B. NON 0%
Conclusións:
Cada neno/a debe estudar cos seus semellantes en idade e razoamento, tendo
dereito a un/uns mestre/s que lles preste a
debida atención para a súa formación e a aplicación nos seus coñecementos, xa
que aínda sendo os nenos/as da mesma
idade non todos/as teñen a misma evolución madurativa e de razoamento, polo que
de darse un agrupamento por
pequeno que sexa, non se estará tomando en conta o alumno/a senon outras razóns
que poderían ser evaluadas pero
restándolle dereitos a estes nenos/as deixando de ser educativas e acabando por
seren planificativas, económicas,
restrictivas, etc., e deste xeito restaríalle calidade ó ensino, causa pola que
debería ser moito mellor estudado.
Facer fincapé que neste estudo de reagrupamento deberíanse ter en conta as
particularidades dos centros, nos que
existirán alumnos/as novos ou repetidores, alumnos con necesidade de educación
especial, etc. E para os que o
reagrupamento afondaría nos seus problemas, sendo en certo maneira abandoados
sen dárlleles a atención que precisan.
Claramente a medida vaise reflectir nas escolas rurais e periféricas. Na enquisa
realizada ás ANPAS o resultado é
abrumador e inequívoco (anque sobor de este tema á consellería non lle interesou
saber da postura das familias), e
claramente a unanimidade rexeita esta medida do reagrupamento dos alumnos.
Tal vez á consellería debería pasar a preguntar sen medo ós resultados, se as
familias estarían de acordo en aumentar máis
as inversións no ensino público ou non, dende aquí xa lle recomendamos que a
evite (non estrague os cartos).
POR UNANIMIDADE SERÍA UN SÍ

“Educación juntará en un aula a niños de distintos ciclos si no superan los 15
escolares” La Voz de galicia _ 20/005/2009
“Educación ordena reagrupar aulas con menos de 20 alumnos”. El Pais_20/05/2009
“Los sindicatos plantan a la Xunta por la circular que obliga a juntar a alumnos
de distintos cursos”... La Voz de Galicia _ 27/05/2009
“A consellería de Educaci´´on comprométese ao estudo da proposta da mesa
sectorial para o reagrupamento de aulas de infantil e primaria”.
Portal Educativo da Xunta de Galicia _31/07/2009
“Educación atrasa a negociación do agrupamento de alumnos”. _A Nosa Terra
_18/06/2009
“Galicia es la segunda comunidad autónoma española con menor número de alumnos
por aula” _ La Voz de Galicia _ 26/06/2009
“Pechados os criterios de agrupamento escolar”. _A Nosa Terra _10/07/2009
“Educación creará más aulas tras lograr un pacto de agrupamientos” El Correo
Gallego _11/07/2009
“O mellor do estado...los ratios se aplicarán a la mitad de las unidades que
tengan que crearse en base al acuerdo”
José Manuel Pinal _director Xeral de Centros da Consellería _ El Correo Gallego
_11/07/2009
“só busca suprimir”...”unha oferta educativa de peor calidade no medio rural” _
sindicato CIG _El Correo Gallego _11/07/2009
“sindicatos y Xunta también han pactado en el preacuerdo sobre agrupamientos que
la posible supresión de las escuelas unitarias será en las juntas de
personal”. _El Correo Gallego _11/07/2009
“ 5.000 escolares del rural compartirán aula con alumnos de otros cursos”...”
Educación convierte en norma una situación que se daba en casos concretos”
El Pais_13/07/2009
”... la profesora se multiplica. Un ojo en los pequeños mientras jugaban y otro
en los de Primaria para ayudarlos.””...no les das la atención que necesitan.
Trabajan solos...es más fácil cuando son pequeños porque los temarios son m´ñas
globalizados, pero a partir del segundo ciclo de primaria la cosa se complica
porque los contenidos son muy distintos”
Fina _ Profesora de escuela unitaria _El Pais _13/07/2009
”...a los niños les faltan compañeros de su edad. Los que tienen más años
pierden la perspectiva porque necesitan más opiniones, más respuestas y más
ayuda
de los compañeros. Los pequeños participan menos ante el protagonismo de los
mayores, pero también aprenden mucho más...Son como esponjas...”
Fina _ Profesora de escuela unitaria y Universidade de A Coruña _El Pais
_13/07/2009
”.Padres de un colegio lucense recurrirán a la justicia para evitar el cierre
del centro”...”El cambio del gobierno, con la entrada del bipartito, impidió que
se
consumara el cierre y el Rivera Casás continuó operativo desde entonces e
incluso incrementó su matrícula, duplicándola en este último curso ”
El Pais _23/07/2009
“ Educación reaviva la polémica al cerrar un colegio en Cervo (Lugo)”.
El Pais _27/07/2009
“ O consello da Xunta aproba a creación dun novo colexio en Cervo que agrupe a
todo o alumnado de San Cibrao”.
Consello da Xunta de Galicia _27/07/2009
4. COMEDORES ESCOLARES
Ó marxe dos asuntos máis mediáticos, ate eiquí comentados, durante todo o
presente curso, a Federación prestou voz e
foi parte facendo pública o malestar de moitos dos centros públicos pola falla
total de inversións na mellora das súas
infraestructuras e servizos educativos, tanto na súa posta ó día e mantemento
coma da súa falla ou evidente necesidade
de mellora nas súas instalacións, sendo palpable nas movilizacións físicas e
mensaxes mediáticos aparecidos ó longo do
presente curso por moitos dos centros que neste ano lideraron as protestas para
facer público o seu malestar. Foi, a
pesares de ser éste un ano de cargada presenza política nas rúas por mor das
eleccións ó parlamento de Galicia, un ano de
moi escasos compromisos cumpridos, e de tódolos xeitos non os de maior
relevancia e necesidade, como poden ser unha
das reclamacións que prácticamente xungue a un alto número de centros públicos,
algúns deles pola mellora nas súas
instalacións, algo obsoletas, e outros, pola perentoria necesidade na ampliación
dos seus comedores ante a masificación
sumado a utilización en doble turno das instalacións, o que agrava máis se cabe
a situación.
O sistema de vida actual fai que a muller, por dereito propio, se incorpore o
mercado laboral, facéndose este servizo
imprescindible para as familias, dende hai anos, pero máis agora se cabe, ó
tentar conciliar a vida laboral e familiar, sendo
por isto o comedor o servizo máis demandado polas novas matrículas e alumnos/as
dos centros, seguindo un progresivo
aumento constatado dende os derradeiros cursos, sempre contando con un número
alto de nenos/as en lista de espera,
roldando aproximadamente uns 250 alumnos no curso pasado e que é previsible que
aumente para o curso a escomenzar.
A rede de comedores dos centros públicos de Vigo son xestionados pola FOANPAS e
subvencionado polo Concello
dende o seu nacemento, convertíndose nun grandísimo logro social, facendo ás
ANPAS da cidade, á FOANPAS, Vigo e
o seo Concello en pioneiros na súa implantación e un referente en Galicia. No
seu percorrido dende o seus inicios hasta
a actualidade conta como soporte a inestimable dedicación desinteresada dun
grande número de pais e nais da nosa
cidade nas labouras de xestión e control do servizo. Dende o seu nacemento o
crecemento e a capacidade de éstes
comedores iban da man da demanda, hasta que nos derradeiros cursos, algúns
centros que superaban a súa capacidade
pola demanda, optaron pola dobre quenda, influindo maiormente na masificación
non só dos comedores senón dos
propios centros, ó se-lo servizo con maior demanda.
A día de hoxe, son 8 centros na cidade, sendo porriba duns 500 nenos/as
afectados neste curso, sendo posible que se
sume algún centro máis debido á demanda, os que permanecen con esta situación de
dobre quenda, con coñecemento
tanto verbal e expreso e documentado do seu estado polas administracións local e
autonómica (Concellaría de Educación
e Consellería de Educación).
En xuntanza co sr. Alcalde de Vigo, Abel caballero, nos días finais de maio,
adquiriu o compromiso de esixirlle á Xunta a
ampliación e remodelación dos devanditos comedores, é á súa vez comprometéndose
que no caso de que a Consellería
non levase ó cabo éstas actuacións, faríanse con cargo os fondos do Concello.
Nunha posterior reunión na Consellería de Educación, co Secretario Xeral da
mesma, Sr. Xosé Luis Vázquez,
anticipounos a paralización e a negativa da Consellería ás inversións en
infraestructuras e servizos nos centros da cidade
para o próximo curso, anque o Secretario se comprometeu ó estudo do asunción
polo seguro de responsabilidade civil a
tódolos comedores da rede da FOANPAS, para igoalalos en dereitos e condicións
coa redes de comedores da Xunta,
acadando unha vella demanda da Federación e as ANPAS asociadas da cidade. Polo
dito, requerímoslle ó Sr. Alcalde,
cumpra coa súa palabra e co seu compromiso coas familias dos centros afectados
ou esixa cumplir á Xunta xa que
TODOS OS CENTROS son da súa competencia e responsabilidade (e non coma se quixo
facer ver pola Consellería
asumindo só a “reforma de un dos centros cos falsa desculpa que era ó único da
súa competencia). Esiximos resposta.

“Siete de cada diez colegios públicos (de Vigo) están deteriorados” _20 Minutos
_ 17/02/2009
“El Concello remite a Educación un listado con 30 colegios que necesitan
reformas urgentes”. _Faro de Vigo_19/02/2009
“Quinientos escolares comen por turnos en los colegios públicos por falta de
espacio” _Faro de Vigo_20/04/2009
“El Concello ampliará el fondo de becas para comedores escolares para atender
todas las peticiones”. _ La Voz de Galicia _ 09/05/2009
“O Alcalde(de Vigo) insta á Xunta a ampliar antes do próximo curso os comedores
de 9 colexios de Vigo”. _o Xornal.Vigo _20/05/2009
“(Concellería) Educación inicia despois do remate do curso a renovación das
instalacións eléctricas dos colexios públicos” _o Xornal.Vigo _10/06/2009
“A Xunta sólo ampliará un comedor escolar, frente a los nueve que solicitó el
Alcalde...”dicen no ser de su competencia”. _Faro de Vigo_23/06/2009
“Caballero esige a la Xunta que amplíe los ocho comedores escolares
saturados...” _Faro de Vigo_08/07/2009
5. ENQUISA SOBOR DA LÍNGOA NO ENSINO
O posicionamento da FOANPAS pasa por obviar esta enquisa, inquérito, consulta ou
o nome que lle quixeran poñer, xa
que consideramos foi feita sen os máis mínimos garantes de homologación de
seguridade, democrática e centífica. Falar
dela, ou entrar en valoracións, sería darlle crédito, e aínda que non queramos
discutir sobor da malintencionamento ou
non, o que está claro é que houbo numerosas irregularidades, que xa de por si
deberían dar por concluida a enquisa
dende a primeira, ó saberes que é con datos das familias e dos nenos/as coas que
se “está a xogar”. Esiximo-lo máximo
respecto. Sómentes cabe decir que é gracioso, por non decir grotesco e
surealista, que o resultado teña lecturas positivas
de tódalas partes. Sobor enquisas, nós menos realizamos unha, reflexada neste
comunicado, e que si nos consta
contrastada e real.
De por sí enumeraremos mediante os encabezamentos de prensa as irregularidades
que deberían facer recapacitar a actual
administración, que para levar a cabo unha “promesa electoral”, máis agora como
goberno que representa ó pobo,
debería ser moito máis rigoroso, non dando os resultados senon na totalidade do
proceso dende o principio.
Xa as novas na prensa falan por si soas do proceso e as súas eivas...para chegar
a unha conclusión que so deu
encontamentos entre as familias...

“¿ O galego é unha cuestión de enquisas?...A min nunca me molestou que me
dixeran os alumnos se podían facer o exame en galego, sempre dicen que sí…”
Xesús Vázquez _Conselleiro de Educación _La Voz de Galicia _ 01/05/2009
“Los sindicatos de los centros concertados solicitan a Jesús Vázquez
(Conselleiro) que no cree un problemas en las aulas.”
Isidro Moedo _ Secretario de sindicato ensino concertado USO _ La Voz de Galicia
_ 03/06/2009

“Pais de alumnos dubidan do rigor científico da consulta de educación”_A Nosa
Terra _11/06/2009
“Transporte particular para devolver los cuestionarios…Los equipos al frente
asumirán el traslado de la documentación a las delegaciones”
El Correo Gallego_12/06/2009

”...non se sabe a participación xa que un equipo da Consellería de Educación
está a traballar no reconto”
Anxo Lorenzo _Secretario Xeral de Política Lingüística _ A Nosa Terra_03/07/2009
“Trabaja muchísima gente en el recuento. Un cuerpo de inspectores de educación y
miembros de la propia Consellería…”

“...respuestas sobre “as funcións da empresa valenciana que a Xunta contratou
para o escrutinio, …cantos notarios hai no proceso…”
El Correo Gallego _20/07/2009
“Vázquez non acode a presentar a enquisa e Lorenzo admite a participación de
dúas empresas” ” O Conselleiro negara a participación de operarios
privados”_ A Nosa Terra_ 31/07/2009
“ As APAS subliman a escasa participación….sobor de todo nos centros públicos”_
A Nosa Terra_ 31/07/2009
“Galicia se reafirma bilingüe” Anxo Lorenzo _Secretario Xeral de Política
Lingüística _ Faro de Vigo_31/07/2009
5. PÚBLICO, CONCERTADO E PRIVADO
Son moitas as pistas que dende a administración nos estaban adiantando este
desenlace...Tódalas reunións, que nos
constan, de moitos colectivos do ensino público que se teñen achegado á
consellería coa actual administración, e non
hai constancia nos medios nin no portal da Xunta de tales feitos, tal vez non
interese...pero si da concertada e da
privada, éstes si aparecen, a pesares de que foron moitas menos.... A evidente e
drástica paralización da inversión
para os centros públicos, e o inmediato comenzo dos convenios coa concertada e
agora coa privada... As “gañas de
traballar” dunha administración no tempo fóra da acción e reacción dos
principais implicados, ésta vez, ás
comunidades educativas e asociacións dos centros públicos,.. porque pola
privada, incluso a “segregadora” ..”xa
parece que van traballando eles”...Gostaríanos saber como respostarán ós pais do
ensino obrigatorio que se preguntan
ónde poderían estar os cartos que dicían que “non existían” para que as contas
non desen que os libros fosen
gratuitos...¡aquí está a resposta!...
...Agora decatámonos de que naquel frívolo eslogan filtrado por “algúns” cando
se referían ós libros de texto
...¡Que paguen os ricos!... non o esciotabamos ben...cuestión de
entonación...porque en realidade dicían
...¡Que lle paguen aos ricos!... como varía a mensaxe...
Agora que con esta noticia da “dádiva” de cartos públicos (de todos) a centros
privados (privativo e de ben poucos)
vense mixturados o profano e o divino, tentaremos explicar este esperpento de
noticia, para dar o noso parecer:
Conto profano: (laico) Lembren a novela de Gabriel García Márquez, “Crónica de
unha morte anunciada” : A novela deste
autor ten unha base real, e reinterpretación este conto, como todos eles
trasmite unha moralexa..., este conto “caseque”
dicía así ...
...“Nun pequeno pobo(Galicia), casouse un día un poderoso e recén chegado, Román
(...), coa máis fermosa, humilde e
honrada do lugar, Ánxela (administración pública galega). Tra-la súa boda, os
recén casados retiráronse a súa nova casa
(parlamento), despois do que Román descobre que a súa esposa no é virxe (laica e
aconfesional). Cando o descubre, devolve a
Ánxela á casa dos seus pais (o pobo). Ánxela di que todo é polo amor sen límites
que sempre sentiu por Santiago(a escola
pública), o mozo máis aposto, fermoso, xeneroso e intelixente de todo o lugar...
Os irmáns Vicario (...), irmáns de Román, na obriga da malchamada “súa honra
familiar”, anuncian por todo o pobo que
matarán a Santiago (escola pública), quen non se entera ate minutos antes de
morrer das intencións dos irmáns (...). Éstes,
despois de consideralo, acaban matándoo na porta de súa casa (parlamento), ós
ollos da xente (Galicia) que non fixo ou non
puido facer nada para evitalo (era verán e foi polas costas). Agora, Ánxela
(administración pública galega) chora pola perda de
Santiago (escola pública), ante a conspiración contra a súa persoa tramada sen
él o saberes. O pobo (Galicia), lembra que
inda sen alento, Santiago, procurou sempre cumplir co seu pobo e pregou se
permanecera no seu legao e traballo... FIN.
Conto divino:(sagrado)“Parábola dos tres caixóns do escritorio do Cónsul...”
Había unha vez nun país non moi lonxe de onde vos atopades, vivía nun palacio
luxoso, un cónsul que representaba
o seu rei no recóndito lugar do seu reino...Éste cónsul tiña un despacho onde
recibía os emisarios reais, recaudaba os
tributos ó pobo, os pagos e as prebendas para cumplir co seu rei...no seu
despacho había unha mesa con un moble na
súa esquina, un moble con tres caixóns... (éste sempre estaba aberto do xeito
seguinte; o caixón de arriba estaba
aberto pouquiño máis da metade da súa apertura, o caixón do medio estaba aberto
ata as tres cuartas partes da
apertura, e por último o caixón de embaixo que estaba aberto de todo)...cando
alguén viña con pagos. O Cónsul
arrastraba e deixaba cair sobor caixóns dicindo:...o que caia arriba, será para
pagar os meus favores, para
diivertirme cos meus...se se escorrega, e cae no do medio, dareillo o meu rei
para que manteña o seu reino...e se se
escapa algo e aínda cae no de embaixo, o devolverei ó pobo para parecer que son
xeneroso...O axudante do Cónsul,
cando o vía lle advertía que o que debía era invertir os caixóns...arriba, o que
é para todos e será o que máis recaude,
e se invertirá para mellorar a vida do ben común do pobo,...no do medio o pago
para o rei, xa que éste xa lle daba
casa e comida de balde polos seus servizos,... e por último o de embaixo, que se
cae algo...a providencia pagará polo
ben feito e os favores desinteresados....¿Adiviñades quen é o Cónsul, agora que
o pobo se decatou de que cos seus
cartos nunca tiñan o que o pobo necesitaba e veían como medraban amistades
artificiais arredor do consulado ?....
Pois SÍ, ...o antigo axudante, agora é o Cónsul, e o pobo é o único que está o
seu arredor...
Tódalas parábolas, e ésta tamén, son narracións de un suceso finxido, do que se
deduce, por comparación ou semellanza,
unha verdade importante ou unha ensinanza moral.
A DIRECTIVA DE FOANPAS
Comunicado á
prensa